Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

Campamentos Deportivos Verán 2019 - Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña adxudicou 5 prazas ao Concello de Rianxo para participar nos seus Campamentos Deportivos de Verán 2019, dirixidos a rapaces/as de 9 a 14 anos, cumpridos durante o 2019, e que estean empadroados nun concello da provincia da Coruña.

Tríptico informativo e ficha de inscrición

 

LUGAR

Centro Calvo Sotelo (rúa Archer Milton Huntington, 24 - A Coruña).

QUENDA DE RIANXO

21 ao 26 de xullo (4ª quenda).

ENTRADA

O domingo pola tarde, entre as 18 h. e as 19 h. no Centro Calvo Sotelo.

SAÍDA

O venres seguinte, tralo almorzo.

INSCRICIÓNS

Ata o 30 de maio, no concello onde o rapaz/a estea empadroado:

  • Oficina do Servizo de Deportes
    • 981 866 381 – 661 247 136
    • deportes@concelloderianxo.gal

PRIORIDADE

Terá preferencia o rapaz que non participase no campamento deportivo da Deputación en edicións anteriores. Realizarase o sorteo, no caso de ser preciso, nos dous días seguintes á finalización do prazo de inscrición.

COTA DE INSCRICIÓN

85,00 €.

DOCUMENTACIÓN

  1. Ficha de inscrición
  2. Foto tipo carné.
  3. Fotocopia tarxeta sanitaria
  4. Fotocopia DNI ou libro de familia
  5. Copia de aboamento da cota de inscrición (posterior á confirmación de praza por parte do Concello).
  6. No suposto de ter tratamento específico ou doenza a ter en conta, xustificante médico. Tamén é importante facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.

INCLÚE

Transporte interno, estadía, manutención en residencia e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

EQUIPO RECOMENDADO

  • Roupa de rúa (pantalóns, camisas).
  • Equipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de  deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina).
  • Toallas de aseo.
  • Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante).
  • Saco de durmir e lanterna.
  • Gafas para o sol.
  • Crema protectora para o sol, factor alto.
  • Chuvasqueiro.
  • Mochila pequena.

MATERIAL

O material propio das actividades deportivas (raquetas de tenis, balóns e chalecos salvavidas) entregaráselle a cada participante durante a celebración do campamento.

AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Actividades náuticas, equitación, tenis, andainas, así como a práctica do fútbol, tenis, voleipraia, voleibol, baloncesto, aeróbic, baile...  

VELADAS NOCTURNAS

Realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio
de experiencias, a convivencia e o respecto polos demais.

ACTIVIDADES CULTURAIS

Visita a centros de interese cultural na comarca e na cidade da Coruña.

Seguinte