Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

Presentación da Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo

O martes, 15 de outubro, tivo lugar a presentación da I Carreira Popular Toffe Concello de Rianxo, presidida por Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, e na que participaron ademais Joaquín Domíngez, Concelleiro de Deporte e Saúde, José Luís Lorenzo, Presidente do Club Atletismo Rianxo, e Rafael Mirón, en representación dos patrocinadores principais da proba: Cafetería Toffe e Soldesin:Hos.

Nas súas intervencións, Adolfo Muíños e Joaquín Domínguez falaron dos antecedentes desta proba atlética na nosa vila, xa que durante moitos anos se celebrou unha Carreira Popular en Rianxo, coincidindo co sábado de Guadalupe, que xuntaba a moitos corredores locais e da comarca e incluso chegou a pertencer ao Circuíto Provincial da Deputación da Coruña, desaparecendo no 1997, fai mais de 15 anos.

Hoxe en día as carreiras populares mobilizan a miles de afeccionados interesados no deporte e nunha ocupación saudable e activa do tempo de lecer. Entre eles, atopamos un grupo de rianxeiros que decidiu fundar un club de atletismo coa finalidade, entre outras, de recuperar esta proba atlética en Rianxo, e así o transmitiron ao Concello e,  man a man, dou comezo o traballo para a organización desta I Carreira Popular Concello de Rianxo.

O equipo de goberno municipal é consciente de que recuperar este evento deportivo, outrora tradicional na nosa vila, contribuirá de xeito activo ao desenvolvemento, non só deportivo, se non tamén social, turístico e económico de Rianxo.

O Presidente do club Atletismo Rianxo, José Luís Lorenzo, agradeceu o traballo feito polo Concello e o esforzo dos patrocinadores, Cafetería Toffe e Soldesin:Hos, e dou conta das principais características da proba, facendo mención a que se trata dun circuíto sen apenas costas e que se prevé rápido e fermoso, xa que transcorre por toda a fachada marítima de Rianxo.

Información e Inscricións Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo