Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

XI Concentración Moteira "Concello de Rianxo"

O Motoclub Jas a Tope, coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza  a XI Concentración Moteira Concello de Rianxo. As actividades desenvolveranse en Rianxiño, ao carón do IES Félix Muriel, do 1 ao 3 de xuño.

Rutas mototurísticas, concertos, espectáculo de stunt e outras actividades completan o programa da concentración. Ademais haberá servizo de duchas, zona de acampada e piscina no Pazo Ana María Mogas de Rianxiño.

O prazo de inscrición está aberto, e poderá formalizarse nos teléfonos: 629365853 e 669047689.

#deportes #rianxo #concentracion #moteira #2018 #jasatope