Información Turística

Atención ó Publico

Oficina de atención ao público

Localización e teléfonos:

Casa da Cultura "Cuartel Vello".  Praza de Castelao s/n, Rianxo

Tlf. 981 866663

Fax. 981 843629

turismo@rianxo.com

Horario:

de luns a venres de 8 a 15 h (verán ata as 14 h.)

PUNTOS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA. Horario de verán (xullo e agosto):

MUSEO DE MANUEL ANTONIO

De luns a venres: de 11 a 14:30, e de 17:30 a 21:30 h

Sábados, domingos e festivos: de 17:30 a 21:00 h

MUSEO DO MAR

De luns a venres de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00 h

Xestións

  • Execución e coordinación das tarefas de promoción da vila como destino turístico de calidade.
  • Elaboración de material de propaganda e promoción turística (folletos, revistas, carteis, etc.), destinados á divulgación dos recursos, bens e servizos turísticos de Rianxo.
  • Servizos de información turística (oficina de información turística permanente, con material informativo a disposición das persoas visitantes, onde se lles facilita datos sobre aloxamentos, gastronomía, transportes, cultura, espectáculos, etc.).
  • Actividades de xestión e administración.
  • Actividades relacionadas coa xestión das praias (Campaña Bandeira Azul e control da calidade das augas, etc.)
  • Información e axudas ao cidadán cara á tramitación de subvencións ou outros trámites administrativos.
  • Tramitación e solicitude de concertos económicos coas autoridades e organismos competentes, así como a concesión de créditos necesarios para o financiamento de campañas de promoción e desenvolvemento.

Obxectivos

  • Promover, fomentar e impulsar o turismo do municipio mediante distintas accións.
  • Promover a presenza activa de Rianxo no mercado turístico, procurando a coordinación dos sectores interesados no desenvolvemento das correntes turísticas que chegan, pasan ou parten da vila.
  • Estudar a participación da industria turística local, así como planear e programar as accións máis eficaces para a solución dos seus problemas.
  • Potenciar os recursos, bens e servizos que multipliquen a oferta turística local.
  • Promover a comercialización de produtos (paquetes turísticos) e outras ofertas especiais capaces de incidir favorablemente no mercado turístico local.
  • Favorecer os proxectos, xa sexan oficiais ou privados, que tendan a potenciar e estender a participación cidadán no uso do tempo de lecer, así como nas actividades culturais e recreativas relacionadas coa acollida ou recepción de visitantes.
  • Promocionar e divulgar a conservación do patrimonio natural e histórico-artístico do concello.
  • Calquera outra iniciativa que redunde en beneficio do desenvolvemento da competencia municipal en materia de turismo.

Persoal técnico

  • Natalia Galbán Rubio

Información turística

  • Punto de Información Turística: no MUSEO DO MAR en horario de 11:00h a 14:00 h. e de 17:00 h a 21 h.
  • Oficina técnica de Turismo: Casa da Cultura "Cuartel Vello", Praza de Castelao s/n, Horario: de luns a venres de 8 a 15 h.

Trámites administrativos

Información Xeral:

Casa da Cultura "Cuartel Vello"; Praza de Castelao s/n, Rianxo

Tlf. 981 866 663

Normativas