INFORMACIÓN INFORMACIÓN

Museo do Mar de Rianxo
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 08 08

981 84 36 29

medioambiente@concelloderianxo.gal

Concellería de Medio Ambiente

Medio Ambiente Medio Ambiente

Atrás

I Concurso de Decoración de Rúas “NADAL NO RUEIRO”

O Concello de Rianxo deu por finalizado o I Concurso de Decoración de Rúas "NADAL NO RUEIRO", organizado pola Concellería de Promoción Económica, Desenvolvemento Local, Comercio, Turismo e Medio Ambiente, logo da valoración feita polos membros do xurado. O primeiro posto foi para "AS TRES QUE NON CHEGARON", cunha puntuación total de 30 puntos, mentres que o segundo posto acadouno "ONDIÑAS MAINAS". O xurado do concurso, formado por Adelina Ces Quintáns, Javier García Ares, Juan Losada Martínez, Rafael Mirón (ARE), José Manuel Tubío Freire e Emilia Martínez Cortizo, reuniuse o 30 de decembro de 2016 para valorar o traballo feito polos equipos participantes segundo o punto 10 das bases publicadas, tendo en conta aspectos tan importantes como a creatividade, a orixinalidade e os valores locais nos deseños levados a cabo. O período de decoración foi dende o 1 ao 12 de decembro, e o pasado 31 de decembro ás 12:00 tivo lugar  diante da Casa do Concello, na Praza de Castelao, o acto no que se anunciaron as dúas primeiras posicións, que gañaron 500 e 300 euros respectivamente. O obxectivo principal foi o de involucrar a veciñas e veciños de Rianxo na decoración de rúas durante o Nadal dun xeito orixinal, unindo tradición e innovación. Os veciños e visitantes poderán contemplar a decoración do concurso de xeito gratuíto e aberto nas rúas de Rianxo ata o vindeiro luns, 9 de xaneiro.

Seguinte