Muller Muller

Servizos

Teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero

Trátase dun móbil, totalmente gratuíto, que se lle concede ás vítimas de violencia de xénero que presenten unha orde de protección ou sentenza xudicial. O obxectivo é previr agresións por parte do seu cónxuxe ou parella, estando localizadas en todo momento mediante un localizador GPS as 24 horas do día, os 365 dias do ano. Permite o contacto con persoal preparado para darlle unha resposta a unha crise prantexada.

Información:
Horario de atención ó Público: De luns a venres de 9 a 12

Técnico Responsable: Psicóloga

E-mail: muller@rianxo.com

Xestión de tramitación do ingreso en casa de acollida

Este servizo informará e tramitará o ingreso na casa de acollida daquelas mulleres vítimas de violencia de xénero.

Información:
Horario de atención ó Público: De luns a venres de 9 a 12

Técnico Responsable: Psicóloga

E-mail: muller@rianxo.com

Prestacións

Xestión de tramitación de axudas económicas para vítimas da violencia de xénero (salario da liberdade)

Este servizo informará e tramitará o ingreso na casa de acollida daquelas mulleres vítimas de violencia de xénero.

Información:
Horario de atención ó Público: De luns a venres de 9 a 12

Técnico Responsable: Psicóloga

E-mail: muller@rianxo.com

Beneficiarias:

Mulleres que, acreditando unha situación de convivencia que as poña en risco de sufrir violencia de xénero, se atopen nunha situación que lles impida afrontar o seu futuro dun xeito autónomo e independente do seu agresor.

Requisitos:

  • Ser muller, maior de idade ou emancipada.
  • Residir en Galicia. As beneficiarias quedan obrigadas a manter a residencia na comunidade autónoma durante a percepción da prestación e a comunicar previamente calquera cambio de enderezo durante o mesmo período.
  • Acreditar a situación de violencia derivada de convivencia.
  • Non dispoñer de recursos económicos, ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor.
  • Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Contía das prestacións:

  • 600 €/mes cando a beneficiaria perciba rendas de contía igual ou inferior ao IPREM ou ten unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • 400 €/mes cando perciba rendas superiores ao IPREM e iguais ou inferiores ao dobre do IPREM.
  • 200 €/mes cando perciba entre o dobre e o triplo do IPREM.
  • O anterior, incrementarase en 50 €/mes por cada fillo/a menor de idade a cargo.

Prazo: Ata o 30 de novembro de 2008.

Información:
Horario de atención ó Público: De luns a venres de 9 a 12

Técnico Responsable: Psicóloga

E-mail: muller@rianxo.com

Ligazóns:

Diptico informativo das axudas 2008 do SGI

Xestión e tramitación de axudas económicas para vítimas de violencia de xénero (pagamento único)

Beneficiarias:

Mulleres vítimas de violencia de xénero con insuficiencia de recursos acreditada e dificultades especiais para obter un emprego.

Requisitos:

  •     Ser muller, maior de idade ou emancipada.
  •     Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75% do SMI vixente.
  •     Ter especiais dificultades para obter un emprego.
  •     Ter vixentes as medidas de protección establecidas nunha orde de protección, informe do Ministerio Fiscal ou sentenza xudicial.
  •     Non ter percibido esta axuda con anterioridade

Documentación:

  • Solicitude e anexos [PDF].
  • Copia compulsada do DNI da solicitante.
  • Certificado de empadroamento.
  • Acreditación da conta bancaria.
  • Acreditación de discapacidade da solicitante e dos familiares, se é o caso, co certificado de minusvalidez.
  • Acreditación de fillos a cargo: libro de familia e informe dos servizos sociais ou sentenza xudicial de custodia ou da tarxeta da Seguridade Social da beneficiaria.

Prazo: 30 de novembro de 2008.

 

 

 

Promedio (0 Votos)