Atención temperá - Concello de Rianxo
Dentro do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 "O FSE inviste no teu futuro", o Concello de Rianxo foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestacións do servizo no marco da Rede Galega de Atención Temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea.
Este servizo ten como obxectivo promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorna, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.
Os motivos de demanda que atendemos na actualidade responden a seis bloques:
- Linguaxe: dificultades vinculadas a trastornos fonolóxicos, trastornos da comunicación social, trastorno expresivo da linguaxe e dislalias.
- Cognitiva: nesta área, enmárcanse as necesidades vinculadas a unha baixa capacitación intelectual, dificultades na coherencia central, inflexibilidade cognitiva e planificación.
- Funcións executivas: céntranse na atención e memoria.
- Psicolóxico: trabállanse as dificultades para asumir roles de autoridade, o baixo autoconcepto, autoestima e a tolerancia á frustración.
- Psicomotricidade: abórdanse problemas vinculados ao desenvolvemento motor, a adquisición de pinza dixital e a psicomotricidade grosa.
- Adaptativo: necesidades relacionadas co traballo autónomo, a adquisición de actitudes proactivas cara á vida ou a comprensión de riscos vitais.
O equipo profesional responsable está conformado por unha doutora, unha logopeda, un psicomotricista e unha psicopedagoga, con capacitación específica para a atención ás necesidades deste grupo poboacional. O SAT constitúe unha extensión das atencións prestadas polos servizos sociais municipais, se ben o acceso a este require a prescrición da atención polos servizos de pediatría comunitaria ou hospitalaria. O equipo do servizo está a disposición de particulares, entidades e profesionais para a orientación ante calquera necesidade de información sobre as súas opcións de intervención.
Horario:
Luns 7:00 - 15:00
Martes 8:00 - 14:00 / 16:00 - 18:00
Mércores 7:00 - 15:00
Xoves 7:00 - 14:00
Venres 8:00 - 13:00 / 16:00 - 18:00
Contacto:
- Atención telefónica: 695449512
- Correo electrónico: atenciontempera@concelloderianxo.gal


