NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Casa do Concello
Praza Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE LIGAZÓNS DE INTERESE

Normalización Lingüística Normalización Lingüística

Atrás

CONTANDO CON ROSALÍA, contos e poesía para o Apego

O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Biblioteca Municipal de Rianxo organizan unha actividade para celebrar a data do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1837.

A narradora oral, actriz e ilustradora Marisa Irimia, presenta o espectáculo “Contando con Rosalía”, un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito lúdico, divertido e saboroso, no que se combinan rimas, poesías e contos para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía e achegarlle á rapazada rianxeira esta figura senlleira da nosa cultura e da nosa literatura.

A actividade está dirixida á rapazada de 4 a 11 anos e vai celebrarse o venres 23 de febreiro, ás 17.30 h na biblioteca municipal.

Para participar cómpre anotarse previamente no Servizo de Normalización Lingüística, no teléfono 881 988 891 ou no correo-e: normalizacion@concelloderianxo.gal

Esta sesión de poemas e contos para compartir está incluída nas actividade do programa Apego, de dinamización lingüística da primeira infancia, e vai ser unha excelente oportunidade de transmitirlles ás máis pequenas da casa a sensibilidade pola poesía e mostrarlles a musicalidade da poesía da nosa poeta nacional, Rosalía de Castro.