NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Casa do Concello
Praza Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE LIGAZÓNS DE INTERESE

Normalización Lingüística Normalización Lingüística

Atrás

RADIO BULEBULE, música e humor para toda a familia

O Servizo de Normalización Lingüística organiza unha nova actividade musical para toda a familia, dentro do programa Apego, de dinamización lingüística da primeira infancia.

 

O músico e actor Paco Nogueiras, presenta Radio BULEBULE, un espectáculo de música e humor baseado no libro-cd-dvd “Radio Bulebule” (Kalandraka Editora), no que se combinan cancións e interpretacións cheas de ritmo e diversión.

O espectáculo convídavos a vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións, no que hai de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. A mellor guía para descubrir as últimas tendencias, e mesmo para crear xuntos un gran éxito vogal.

Esta é unha fantástica oportunidade de sintonizar unha radio moi especial que fará gozar a toda a familia con cancións en galego a ritmo frenético...


Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE,

a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante,

transmitindo para o mundo en linguaxe universal.

Irrompe no dial a emisora que soñamos.

A emisora que máis nos gusta.

Porque dentro dela soa o universo todo,

porque dentro dela todo o universo é música.


 

O espectáculo celebrarase o sábado 24 de febreiro, ás 18.30 h, no auditorio de Rianxo.

As entradas son de balde e poderanse retirar dende unha hora antes ao comezo da función no propio espazo.