Normalización Lingüística

Normalización Lingüística - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

Normalización Lingüística

Páxinas etiquetadas con apego times .

A compañía Pavís Pavós presenta unha nova actividade para bebés: PALMA REPALMA. Inclúese dentro da programación do programa Apego e conta coa colaboración da Biblioteca municipal de Rianxo. Trátase dun obradoiro de contos, xogos, cantos e arrolos, que baixo o título de Palma, repalma pretende achegar ás familias recursos para se divertiren na nosa lingua. A actividade desenvolverase na...

A rapazada participante no Campamento urbano e deportivo de Rianxo vén de participar dunha xornada lúdica a través dos xogos tradicionais, da man de Miudiño Soc. Coop. Galega e promovida polo Servizo de Normalización Lingüística. A recuperación do patrimonio lúdico tradicional é unha ferramenta moi útil para conseguir espazos de socialización e recuperación da nosa lingua, nos que agroman os...

Ante o éxito da anterior sesión deste espectáculo musical de Cé Orquestra Pantasma, FÍOS DO QUERER, o Servizo de Normalización Lingüística organiza unha segunda sesión que se celebrará o mércores 20 de xuño, ás 19.00 h, no antigo Liceo marítimo rianxeiro (o acceso ao espazo é polo paseo marítimo).   O espectáculo está recomendado para rapazada de 0 a 5 anos (acompañados dunha persoa...

O Servizo de Normalización Lingüística organiza a actividade musical FÍOS DO QUERER, dentro do programa Apego. Este espectáculo musical infantil chega da man do artista e multi-instrumentista César Freiría, coñecido artisticamente como Cé Orquestra Pantasma. A actividade vaise desenvolver o mércores 6 de xuño, ás 19.00 h, no antigo Liceo marítimo rianxeiro (o acceso ao espazo é polo paseo...

Comeza a primavera con dúas novas actividades destinadas ás familias do Apego. O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Concellaría de Benestar, Igualdade e Diversidade, organiza dúas novas propostas formativas para as familias e as persoas educadoras interesadas, centradas en dous aspectos básicos do coidado da poboación infantil: a alimentación e a educación, incluídas...

O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade, organiza unha charla de achegamento á disciplina positiva, para familias e persoas educadoras, dentro da programación do Apego.   Co título DESCUBRINDO A DISCIPLINA POSITIVA, a pedagoga e educadora infantil María Paredes, certificada en disciplina positiva pola Discipline...

O Servizo de Normalización Lingüística organiza unha nova actividade musical para toda a familia, dentro do programa Apego, de dinamización lingüística da primeira infancia.   O músico e actor Paco Nogueiras, presenta Radio BULEBULE, un espectáculo de música e humor baseado no libro-cd-dvd “Radio Bulebule” (Kalandraka Editora), no que se combinan cancións e interpretacións cheas de ritmo...

O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Biblioteca Municipal de Rianxo organizan unha actividade para celebrar a data do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1837. A narradora oral, actriz e ilustradora Marisa Irimia, presenta o espectáculo “Contando con Rosalía”, un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito lúdico, divertido e saboroso, no que se combinan rimas,...

O vindeiro sábado, 2 de decembro, haberá unha nova actividade formativa destinada ás familias con crianzas de 0 a 6 anos e a persoas coidadoras e docentes, incluída no programa Apego de dinamización lingüística da primeira infancia. Co título Fálame moito e ben vaise desenvolver unha charla-obradoiro na que se falará da estimulación de bebés para a adquisición da linguaxe. O obradoiro será...

ESTA ACTIVIDADE QUEDA SUSPENDIDA ATA NOVO AVISO O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Policía Local de Rianxo, organiza unha charla sobre seguridade infantil, que se enmarca nas propostas do programa Apego. Nesta ocasión, baixo o título “Seguridade infantil. Consellos para a viaxe e na rúa”, dous axentes da Policía Local de Rianxo impartirán unha charla dirixida a nais,...

As familias do Apego e a rapazada rianxeira maior de 3 anos ten unha nova actividade de dinamización lingüística, dentro do programa Apego. O xoves 28 de setembro, ás 19.00 h, o Liceo marítimo de Rianxo acollerá o espectáculo musical “As Parábolas de Pakolas”, da man de Paco Cerdeira. Trátase dun espectáculo de pequeno formato no que “Pakolas” interpreta en directo unha escolla dos seus...

As familias do Apego, e a rapazada rianxeira en xeral, teñen unha nova actividade de socialización e lecer en lingua galega: “Entre arrolos e contiños” é o nome desta sesión de contos con música destinada á xente miúda da casa, especialmente recomendada para nenas e nenos de 6 meses a 3 anos, que organiza o Servizo de Normalización Lingüística dentro do programa Apego e que desenvolverán...

Comezamos coas actividades programadas para as familias do Apego, cun obradoiro musical infantil da man do músico, bailador e profesor de música e baile tradicional, Luís Prego. PRENDE NO COLO é o título deste obradoiro destinado a familias con crianzas de 0 a 5 anos, no que aprenderemos cancións de berce para arrolar ás máis pequenas, pero tamén xogos e cancións infantís para implicar e...

— Resultados por páxina
Mostrando 13 resultados.