Proxectos e Programas Proxectos e Programas

Agrupación e desnvolvemento local DELOA

Deloa é unha agrupación social e económica de establecementos de hostelería e servizos, cuxa finalidade é a de crear maiores oportunidades de negocio entre os socios e promocionar o turismo na área de Sar e Barbanza (Galicia).

 

Pertencer a Deloa ten os seguintes beneficios:

  • Foros sobre turismo rural e promoción turística da zona de Sar e Barbanza.
  • Sistema de Red Deloa, que brinda a posibilidade de xestionar ofertas e servizos turísticos en tempo real.
  • Actividades de formación.
  • Ter presenza na plataforma de información www.deloa.es
  • Participar en calquera evento Deloa, pode contactar con nós a través do teléfono 981 817 000.

Mancomunidade Arousa-Norte

A Mancomunidade Arousa-Norte é a agrupación dos municipios de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, os cales se atopan no SE da provincia de A Coruña, na comarca do Barbanza, ocupando o sur da península do mesmo nome e o norte da ría de Arousa.

Trátase dunha comarca rica en recursos turísticos, cun patrimonio natural, histórico e etnográfico de inmenso valor, ademáis dun lugar privilexiado, xa que as cortas distancias coas grandes cidades galegas permiten os desprazamentos para visitar Arousa-Norte e volver no mesmo día á localidade de procedencia.

Máis información en: www.arousa-norte.es

Declaración de municipio turístico

Declaración de Rianxo como Municipio Turístico Galego: DOGA Nº153 de 8 de Agosto de 2007 [PDF]

Noticias La Voz de Galicia:

Declaración da festa da Guadalupe como festa de Galicia de interese Turístico

Declaración da festa da Guadalupe como festa de interese turístico nacional (en trámite)

Noticias La Voz de Galicia:

MACT (Modelo de Aproximación á calidade turística)

O Modelo de Aproximación á Calidade Turística é un conxunto de produtos para a implantación, xestión e aseguranza da calidade do servizo en empresas e servizos relacionados co turismo. Sendo o seu obxectivo principal sensibilizar ós profesionais das empresas e servizos turísticos do destino, sobre a importancia da participación no MACT, mediante a exposición dos seus obxectivos, compromisos e beneficios.

Obxectivo xenérico

  • Crear conciencia de servizo entre os sectores beneficiarios a través da iniciación na xestión da calidade enmarcado esto dentro dunha única visión de destino turístico.


Obxectivos específicos

  • Mellorar os niveis de adhesión ó Sistema de Calidade Turística Española (SCTE).
  • Aumentar a conciencia de destino turístico entre os prestadores de servizos.
  • Recoñecer á participación de persoas e establecementos/servizos que se incorporan á xestión da calidade.
  • Fomentar dende a xerencia dos Plans de Excelencia/Dinamización e as Delegacións autonómicas ICTE (Insituto da Calidade Turística Española) a mellora da calidade na prestación de servizos dos sectores implicados.
  • Capacitar os recursos humanos do sector e fomentar en eles a cultura da calidade.
  • Incentivar ás empresas participantes dos distintos subsectores turísticos a mellorar a prestación de servizos.

O MACT está composto de tres etapas:

  • Etapa de Lanzamento
  • Etapa de Desenrolo
  • Etapa de Acceso SCTE /Consolidación

No ano 2006 a Oficina de Información Turística de Rianxo recibiu este distintivo de calidade, tras ter superada a etapa de lanzamento.

Noticias La Voz de Galicia: