Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Charla sobre afectividade e sexualidade: "Quen dixo medo?"

CAMBIO DA LOCALIZACIÓN DA ACTIVIDADE:
TRASLÁDASE AO AUDITORIO DE RIANXO

 

Dentro da  campaña de sensibilización contra a violencia de xénero "QUEN DIXO MEDO?", a Deputación da Coruña vai organizar unha charla sobre afectividade e sexualidade que terá lugar no Concello de Rianxo na seguinte data:

  • Día: sábado 19 de agosto de 2017
  • Horario: de 11:00 a 13:00 horas
  • Lugar: Auditorio de Rianxo

A sexualidade e a afectividade son dúas facetas fundamentais na vida das persoas, que cobran especial relevancia na etapa da adolescencia. Estas charlas van encamiñadas a xerar un espazo no que se proporcione a información precisa para disipar as dúbidas dos mozos e das mozas, e axudalos no desenvolvemento, o coñecemento, a autonomía e a adquisición das habilidades precisas para acadar unha sáude sexual integral, baseada na igualdade, o respecto e a responsabilidade.

OBXECTIVOS:

  • Eliminar crenzas e prexuízos infundados arredor da sexualidade.
  • Desenvolver unha actitude de naturalidade, entendendo esta como unha forma de comunicación humana, fonte de saúde, pracer, afecto e, cando así se desexe, de reprodución.
  • Establecer claves e pautas para o diálogo sobre temas sexuais no interior do núcleo familiar.
  • Desenvolver unha ética social, onde as relacións se baseen na igualdade, no respecto e na responsabilidade.
  • Abordar a diversidade sexual e de xénero para transformar a sociedade e acadar a aceptación de calquera forma de ser, con iguais dereitos, liberdades e oportunidades.

METODOLOXIA:

  • Empregarase unha metodoloxía activa e participativa que involucre ao máximo ás e aos asistentes.
  • Comezarase cunha exposición do persoal profesional para abrir posteriormente un espazo de preguntas sobre o tema abordado.

PERSOAS DESTINATARIAS:

Esta charla está dirixida ao público en xeral e non precisa de inscrición previa.

 

 

Seguinte