Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Xuntos polo Nadal

A Consellería de Política Social, organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

O programa levarase a cabo na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Pontevedra) entre o día 23 de decembro de 2017 e o día 7 de xaneiro de 2018 e comprende os seguintes servizos:

  • Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
  • Desprazamento en autobús desde Santiago ata a residencia de tempo libre.
  • Actividades de animación sociocultural.

Persoas Beneficiarias:

  • Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar empadroado nalgún concello galego.
  • Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
  • Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou de conduta non compesados que poidan alterar a convivencia.

Prezo:

As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50€.

Prazo: ata o día 17 de novembro.

Máis información:

Solicitude para presentar en formato papel