Trámites en liña Trámites en liña

 

A Sede Electrónica permite aos cidadáns e cidadás efectuar os seus trámites co concello de forma telemática, as 24 horas dos 365 días do ano.
O Rexistro Electrónico Xeral da administración do Estado permite presentar documentación en calquera administración integrada no Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR).
O SIR permite presentar documentación nas oficinas habilitadas con destino a calquera outro organismo integrado no sistema, recibíndose no destino de forma instantánea.
As persoas que rexistran solicitudes no concello poden solicitar ser notificadas de forma telemática a través da plataforma Notific@.
O Rexistro Electrónico de Apoderamentos permite autorizar persoas físicas a actuar en nome doutras persoas físicas ou xurídicas nas relacións coas AA.PP.
O punto de entrada xeral de facturas electrónicas permite aos provedores presentar as facturas destinadas ao concello de forma telemática.
É o punto de consulta dos procedementos de contratación das administracións públicas de Galicia.

 

Atrás

Liña Verde, unha app para comunicáreste co teu Concello

Liña Verde é unha aplicación para dispositivos Android e iOS que pretende facilitar a participación cidadá, así como favorecer a máxima eficiencia e integración entre o Concello de Rianxo e a súa veciñanza e visitantes.

Coa axuda desta ferramenta, poderá enviar dende o seu dispositivo móbil, en calquera momento e dende calquera lugar, información sobre unha carencia, deficiencia ou estrago no mobiliario urbano, de forma que nun breve prazo de tempo o Concello de Rianxo sexa sabedor dos avisos da cidadanía.

Ao aviso pódeselle engadir a localización (automática mediante GPS ou manual) e unha fotografía. A persoa recibirá información sobre os cambios de estado da súa incidencia ata a súa corrección.

Ademais, as persoas usuarias da App recibirán notificacións puntuais con informacion de interese do Concello de Rianxo, como os bandos informativos, avisos e campañas de circulación, alertas de emerxencias e boletíns de eventos.

A ferramenta está dispoñible para a súa descarga en Google Play e na App Store.

 

Seguinte