omarfeitotradicion.gal

Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza de Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

Cancelada a Festa da Xouba de Rianxo 2018

A Asociación Rianxeira de Empresarios, entidade organizadora da XXVI Festa da Xouba de Rianxo, e o Concello de Rianxo, que colabora na organización, vense na obriga de comunicar que se cancela a edición deste ano 2018.

Por motivos alleos á ARE e ao Concello de Rianxo, non terá lugar a degustación deste manxar, tan vencellado á nosa vila, e que estaba prevista para os días 21 e 22 de xullo coa xouba da arte do xeito de Rianxo. O motivo desta decisión é a imposibilidade de poder contar coa xouba necesaria para a celebración, por esgotarse o cupo trimestral da sardiña (sardina pilchardus). A "Dirección General de Ordenación Pesquera y Acuicultura", dependente do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou a resolución pola que se establece o peche da pesquería de sardiña (sardina pilchardus) en augas ibéricas das zonas CIEM VIIIc e IXa dende o pasado 11 de xullo de 2018.

Agardamos ao vindeiro ano para poder gozar novamente coa Festa da Xouba de Rianxo, tanto veciñas e veciños coma visitantes, nunha xornada que adoita ter gran afluencia e beneficio para o conxunto de Rianxo.