omarfeitotradicion.gal

Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza de Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

Excursión en catamarán á Illa de Sálvora

Excursión á Illa de Sálvora o vindeiro mércores, 8 de agosto.

A saída será dende o Porto de Rianxo ás 12 h, a bordo dun catamarán con visión submarina, e o regreso dende a illa será ás 17 h. Durante a travesía e na illa, as persoas contarán co servizo de guía, así como degustación de mexillóns e bebidas na viaxe de volta.

A Illa de Sálvora, con preto de 2 Km2, forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, e atópase na entrada da ría de Arousa, fronte ao municipio de Ribeira. Entre os puntos de interese, cómpre destacar o faro, a antiga fábrica de salazón (actual centro de recepción de visitantes) a aldea da illa coa súa arquitectura tradicional mariñeira, a flora e a fauna, ou os areais.

Máis información sobre a viaxe e a navieira organizadora no Museo do Mar de Rianxo.

Rianxo, o mar feito tradición.