Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

Goza do Ulla 2017 Rianxo: As Tres Cruces

O Concello de Rianxo organiza a ruta de sendeirismo "As Tres Cruces", dentro do programa Goza do Ulla 2017, o sábado 14 de outubro.

Trátase dun roteiro circular que transcorre pola beira do río Ulla, até chegar a  un Vía Crucis marítimo-fluvial situado na Punta de Trececruces, na ladeira do Monte Palleiro. Percorrerase a desembocadura do río Ulla pola ribeira pertencente ao concello de Rianxo, que permitirá ollar a outra marxe pertencente aos concellos de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a Illa de Cortegada e a Ría de Arousa. O roteiro continuará das Tres Cruces até as Cercas, seguindo polo lugar do Souto, até chegar ao punto de partida no lugar de Quintáns.

As inscricións pódense facer ata o venres 13 de outubro, ás 12:00 h, no teléfono 667 185 576 e no correo-e turismo@concelloderianxo.gal