omarfeitotradicion.gal

Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza de Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

IV Festa da Solla do Ulla

A Asociación Solleiros do Ulla organiza a IV Festa da Solla do Ulla, coa colaboración do Concello de Rianxo, a Comisión de Festas do Carme de Leiro e o Furancho a Veliña. A xornada de degustación terá lugar un ano máis na parroquia de Leiro (Concello de Rianxo), na praza da Veliña da aldea de Rañó, o sábado 11 de agosto de 2018. 

Ás 14:00 h dará comezo o pregón, seguido do xantar con solla cocida e frita, un dos manxares propios desta zona da desembocadura do río Ulla. O prezo da ración será de 8 euros, e as reservas fanse a través do teléfono 679 960 079. Para amenizar a xornada, haberá música na carpa.

Rianxo, o mar feito tradición.