Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

LIMPEZA RÍO TÉ

O vindeiro domingo 27 de setembro, coincidindo coa oitava edición da Limpeza Simultánea dos Ríos, dentro do Proxecto Ríos, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), o Concello de Rianxo convida a todos/as os interesados/as, a participar nunha ruta polo río Té, na que se levarán a cabo tarefas de limpeza polas marxes e canle do citado río.

Sairase ás 10:00 horas da LAXE PEQUENA,estimándose que actividade dure aproximadamente 3 horas, sendo o grao de dificultade baixo.

O concello porá a disposición dos participantes luvas e bolsas para a recollida. Trátase dunha actividade familiar e de concienciación ambiental, polo que está aberta á participación dos mais cativos.

Non é necesario facer inscrición previa, pero sí recomendable. Para mais información dirixirse ao Museo do Mar ou ben chamar ao teléfono 981 86 08 08 (Kike).

 

Tamén se pode ampliar información no enlace http://proxectorios.org/limpeza/