omarfeitotradicion.gal

Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza de Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

Roteiros turísticos: Senda litoral de Taragoña

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza unha serie de andainas dentro do programa Roteiros turísticos, que se van levar a cabo nesta tempada 2018.

O vindeiro mércores, 1 de agosto, terá lugar o primeiro destes roteiros: a Senda litoral de Taragoña. Para participar, cómpre anotarse nos puntos de información turística.

Partiremos da praia da Torre, da cheminea da antiga fábrica de frotadores de bateas, e a uns 200 metros do Castelo da Lúa e a desembocadura do río Té. Non perdades a ocasión de coñecer o litoral taragoñés, con vistas ao esteiro do río Beluso,  e a parte da serra do Barbanza, pasando ademais polo porto de Taragoña. Vexetación variada e pequenas calas acompañarannos no percorrido.

  • Data: mércores, 1 de agosto.
  • Hora de saída: 18:30 h.
  • Punto de encontro: Área recreativa da praia da Torre, onda a cheminea da antiga fábrica (42°39'55.6"N 8°49'00.0"W).
  • Duración: 2 horas aprox.
  • Distancia: 7 Km aprox. (segundo o ritmo do grupo).
  • Dificultade: fácil.

Rianxo, o mar feito tradición.