omarfeitotradicion.gal

Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza de Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

Roteiros turísticos: "Fariña de millo"

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza unha serie de andainas dentro do programa Roteiros turísticos, que se van levar a cabo nesta tempada de verán 2018.

Chegamos xa á quinta ruta guiada, que terá lugar o xoves 30 de agosto: Fariña de millo. Para participar, cómpre anotarse nos puntos de información turística.

Partiremos do aparcadoiro da igrexa de Santa Baia do Araño (Araño - Rianxo), a carón do pazo do Araño (casa reitoral) e do lugar onde se ubicaba o castro do Araño. Percorreremos os camiños pola zona máis baixa dos montes do Araño e continuaremos por un pequeno tramo do río Té ata o Pozo Bastón. Voltaremos de seguido atravesando diversas aldeas da parroquia e pasaremos pola fonte do Araño e o Pazo dos Calote, entre outros lugares de interese. 

  • Data: xoves, 30 de agosto.
  • Hora de saída: 18:00 h.
  • Punto de encontro: aparcadoiro da igrexa de Santa Baia e do hórreo do Araño, (42.694402, -8.801124).
  • Duración: 2,5 horas aprox.
  • Distancia: 8 km aprox.
  • Dificultade: fácil.

Rianxo, o mar feito tradición.