Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

Turismo científico: A noite dos morcegos

O vindeiro 3 de agosto de 2017 terá lugar a segunda actividade da programación de Turismo Científico Observer do Concello de Rianxo: A noite dos morcegos. O obxectivo principal é dar a coñecer a vida e curiosidades dos morcegos con observacións reais destes mamíferos no seu hábitat. A actividade, que comezará as 20:00 e durará unhas 3 horas, está aberta a tódolos públicos e para realizar a inscrición cómpre enviar os datos por correo-e a mediambiente@concelloderianxo.gal ou por teléfono no 981860808. Poderanse inscribir participantes ata completar as prazas e a preferencia será por orde de inscrición.