omarfeitotradicion.gal

Puntos de Información Turística Puntos de Información Turística

Oficina técnica de Turismo Oficina técnica de Turismo

Praza de Castelao s/n

667185576

turismo@concelloderianxo.gal

Turismo Turismo

Atrás

XXVI Festa da Xouba de Rianxo

A Asociación Rianxeira de Empresarios, en colaboración co Concello de Rianxo, organiza a XXVI Festa da Xouba de Rianxo. A raíña das augas de Rianxo terá a súa festa grande a fin de semana do 21 e 22 de xullo, con múltiples actividades ao longo das dúas xornadas.

O sábado comezará a degustación da xouba a partir das 12:00 no Paseo de Manuel Antonio (nas inmediacións do busto de Castelao), mentres que o domingo será a partir das 11:00.

Numerosos establecementos hostaleiros do municipio participarán coa ruta de tapas durante as dúas xornadas. As persoas asistentes poderán gozar da animación con gaiteiros, postos de artesanía, inchables, etc. Ao longo da fin de semana, haberá unha embarcación que realizará saídas pola Ría de Arousa (sábado a partir das 12 h e domingo a partir das 11 h) e poderase visitar o Museo do Mar de Rianxo, situado na entrada á Praza de Castelao.

Entre as actuacións musicais, para recibir a fin de semana, o venres 20 ás 22:30, dentro do Festival Internacional de Danza, contaremos co grupo Meiramar-Axóuxeres. O sábado 21, a orquestra Son de Seu poñerá o ritmo a partir das 22:30. O domingo 22 chega a Rianxo a Asociación Egueire, que nos traerán a súa música dende Costa de Marfil dende as 13 h.

Rianxo, o mar feito tradición.