Turismo

Turismo - concelloderianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

O vindeiro 3 de agosto de 2017 terá lugar a segunda actividade da programación de Turismo Científico Observer do Concello de Rianxo: A noite dos morcegos. O obxectivo principal é dar a coñecer a vida e curiosidades dos morcegos con observacións reais destes mamíferos no seu hábitat. A actividade, que comezará as 20:00 e durará unhas 3 horas, está aberta a tódolos públicos e para realizar a...

Os días 5 e 6 de agosto terá lugar a VIII Festa do Mexillón de Rianxo. Poderanse degustar diferentes receitas dun dos produtos estrela de Rianxo. Os asistentes tamén gozarán de numerosas actividades ao longo da fin de semana, como actuacións musicais, bautizo de mar con motos acuáticas, inchables para os cativos ou travesías pola ría a prezos económicos.

Os días 21, 22 e 23 de xullo terá lugar a celebración da XXV Festa da xouba de Rianxo, que centrará a degustación principal o domingo 23. As persoas asistentes poderán desfrutar tamén doutras actividades programadas, entre as que destacan a ruta de tapas por locais da hostalaría do municipio, a arribada da xeiteira ao porto de Setefogas e o desembarco da xouba, os concertos, a travesía pola ría...

Con motivo da XXV Festa da xouba, os días 21, 22 e 23 de xullo terá lugar a ruta Rianxo en tapas en diversos locais hostaleiros do concello de Rianxo. Cada local ofrecerá unha especialidade propia  para degustar a xouba de Rianxo durante os tres días da ruta.

A Asociación de Ludotecas de Galicia, coa colaboración do Concello de Rianxo, organizan unha xuntanza o vindeiro sábado 20 de maio, a partir das 12.00 h. Haberá actividades para a rapazada, inchables e unha actuación teatral infantil a cargo do grupo OS QUINQUILLÁNS. AGARDÁMOSTE !

Con data do 9 de maio de 2017, recibiuse unha comunicación da xefatura territorial da Consellería de Sanidade referente á calidade das augas de baño das principais praias do Concello de Rianxo, cuxos resultados son os seguintes: A TORRE:  cualificación das augas para o baño BOA TANXIL: cualificación das augas para o baño EXCELENTE AS CUNCHAS: cualificación das augas para o...

Un ano mais, o Concello de Rianxo xunto con outros 18, formará parte do programa de sendeiros "Goza do Ulla". Como xa coñecedes, cada un dos concellos bañados polo río Ulla, propón un sendeiro que percorra o río. Este ano ten varias novidades, entre outras, procurouse darlle visión de "camiño", polo que as datas serán por ode cronolóxica,  empezando o primeiro roteiro  o 21 de maio...

No BOP de A Coruña de 24 de febreiro publicáronse as bases reguladoras da convocatoria do I concurso de fotografía turística “93 destinos por descubrir” da provincia da Coruña No seguinte enlace podedes ampliar a información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/24/2017_0000001475.html  

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Turismo, Medio ambiente, Comercio e Desenvolvemento local, e enmarcado na aposta de amañar e coidar as sendas e o patrimonio, neste caso natural, vén de acondicionar o miradoiro do Castro Barbudo. Entre outras actuacións, levouse a cabo a roza das pistas de acceso e dotouse de sinalización con paneis informativos que permiten ao visitante...

  Hoxe presentouse en Rianxo a nova imaxe corportiva da mancomunidade de municipios Arousa Norte, á que pertencen os Concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo. O acto presideuno o Alcalde Rianxo, Adolfo Muíños, destacando as riquezas das catro vilas no senso arqueolóxico, gastronómico, paisaxístico, e un logo etc.... Asemade, acompañáronnos reprentantes políticos dos Concellos, así...

O vindeiro mércores 26 de abril celebraremo a I FEIRA DE OUTONO a partires das 10 da mañán no MERCADO MUNICIPAL/PRAZA DE ABASTOS. Haberá actividades de animación para nenos e nenas e postos de artesanía e productos ecolóxicos. AGARDÁMOSCHE!!!!!!!!

ACTUALIZACIÓN DE CONTIDOS DA WEB OFICIAL DO CONCELLO DE RIANXO Dende o departamento de turismo do concello de Rianxo, estanse a actualizar os contidos da web oficial www.rianxo.gal. É por elo, que se está a chamar e/ou visitar os locais hostaleiros e de aloxamento de cara a solicitar a actualización de datos, así como menús ou calqueroutra información que se desexe salientar. Esta labor non...

O concello de Rianxo participa na campaña Institucional "Separemos ben , reciclaremos mellor" que promoven a Consellería de Medio Ambiente do Territorio e Sogama, contando coa colaboración e apoio dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) de envases lixeiros, envases de vidrio, pilas e ersiduos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).... Esta iniciativa consiste na oferta dun amplo abano...

Un ano mais, convidásmosvos a partcipar nun roteiro que, ademais de dar a coñecer o fermoso paseo fluvial polas marxes do río Té; axudaranos a mantelo limpo e en boas condicións. Para elo, ao longo do percorrido, iremos recollendo o lixo que atopemos. Chama ao 981-86.08.08 se che apetece participar  e o día 8 ás 10:00 da mañán vémonos na Laxe pequena.

          OS PASES   ESTÁN   ESGOTADOS       AGARDAMOS QUE AS MÁIS DE 420 PERSOAS QUE TEÑEN A OPORTUNIDADE DE DISFRUTAR DESTA HISTÓRICA VIAXE DISFRUTEN DA OCASIÓN

O programa Goza do Ulla 2016 propón percorridos pollos roteiros de sendeirismo dos concellos do Ulla. O percorrido de Rianxo está programado para o 9 de xullo, nunha roteiro didáctico que combina a etnografía do río Té (muíños, represas, usos do chan...) coa arqueoloxía (necrópoles neolíticas da idade do bronce e achado do casco de ouro de Leiro). A xornada remata con actividades...

O vindeiro sábado 16 de abril, celebrarase un obradoiro para a elaboración de xabóns caseiros, ás 17:00 horas no local do Antiguo liceo Rianxeiro. Aproveitando o aceite que nos sobra de fritidurías, converterémolo nun novo producto. Recoméndase traer nun recipiente aceite usado e, un bote limpo para levar o resultado do obradoiro. As inscrición realizaranse vía e-correo:...

O mércores 6 de abril, ás 12:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Rianxo  celebrouse o acto de sinatura dos convenios para a posta en marcha de dous novos servizos. Convenio para a posta en marcha do servizo de contenerización para recollida de roupa, calzado e complementos: O concello de Rianxo asinou con Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, un convenio para a instalación...

O horario de atención ao público do servizo de información turística durante a Semana Santa en Rianxo será de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 19.30 horas, no Museo do Mar e na Casa Museo de Manuel Antonio.

En datas recentes instaláronse na contorna da fortaleza do Pazo uns paneis interpretativos do chamado Castelo da Lúa. Os textos están dispoñibles en tres idiomas no web turístico do Concello de Rianxo: omarfeitotradicion.gal/castelodalua Paneis informativos do Castelo da Lúa

O vindeiro domingo 27 de setembro, coincidindo coa oitava edición da Limpeza Simultánea dos Ríos, dentro do Proxecto Ríos, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), o Concello de Rianxo convida a todos/as os interesados/as, a participar nunha ruta polo río Té, na que se levarán a cabo tarefas de limpeza polas marxes e canle do citado río. Sairase ás 10:00 horas da LAXE...

Un ano mais, o Concello de Rianxo participa no programa "Goza do Ulla"; a través do cal un total de 19 concellos "bañados" polo río Ulla dan a coñecer o valioso patrimonio natural, cultural e artístico do territorio polo que discurre este curso fluvial. O principal obxectivo é a promoción turística do citado territorio, polo que, cada concello ofrece rutas de sendeirismo de cara a difundir...

O 21 de febreiro preséntanse en Rianxo unha serie de eventos de promoción do Mushing na mancomunidade de Arousa Norte.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, en colaboración coa Fundación Paideia oferta 10 prazas para a realización de prácticas laborais en Alemaña durante unha estancia de 4 semanas a partir do mes de outubro de 2014. Esta actividade enmárcase dentro do programa de carácter transnacional  La IDA do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais...

O concello de Rianxo ven colaborando coa Fundación Paideia Galiza en múltiples proxectos europeos, nesta ocasión trátase do proxecto "LA IDA" (prácticas formativas en Alemania), no que xa participaron dez mozos e mozas rianxeiros. Nesta nova convocatoria poderán participar mozos e mozas entre 18 e 30 anos en situación de mais de seis meses de desemprego. En canto o seu nivel de estudos, será...

O Concello de Rianxo leva xa dous anos particiapando no programa "Goza do Ulla", a  través do cal 19 concellos polos que trancorre o río Ulla propoñen un roteiro ou andaina. E por elo, que o vindeiro 26 deste mes terá lugar a andaina "Mámoa dos Campiños". Trátase dun roteiro arqueolóxico con saída do lugar de Rianxiño (preto ó instituto Félix Muriel), visitando os gravados "Foxa Vella"...

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte vai seleccionar a 4 persoas en total (1 por concello)  para as oficinas de turismo dos concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo polo período de 3 meses. O prazo para presentar as solicitudes é do 17 ao 21 de xuño de 2013 no rexistro da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, en horario de 9.00 a 13.30 h. Bases e...

  A Asociación de Desarrollo Local DELOA, convoca o “Certame Interritmos”, destinado a músicos e/ou grupos noveles, sen obra  comercial editada, que interpreten obras musicais tradicionais,    Este certame enmárcase dentro do Proxecto “Interritmos: Ritmos y Pueblos”,, que está dirixido á recuperación do patrimonio  cultural das Comunidades...

A Axencia de Turismo de Galicia convocou unha serie de axudas:   Establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE ao obxecto...

Os Grupos de Acción Costeira de Galica, e neste caso O GAC5 (Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa www.accioncosteira.es) , en colaboración coa Xunta de Galicia, está a fomentar o uso e consumo de produtos vinculados o mar, agrupados baixo a marca MAR GALAICA. Organizaranse unhas xornadas promovidas por toda Galicia ata finais do mes de xuño, baixo a denominaciónde "CÓMETE O MAR". ...

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte está a organizar xunto coa empresa Identia un taller de márketing vivo para empresas turísticas. Remito información sobre o obradoiro  “taller de márketing vivo para empresas turísticas” por si fora do voso interese.   Data de realización: 07/02/2013 Horario: de 17.30 a 19.00 h Lugar: centro social do Concello de Boiro ...

 A Asociación de grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, á que o Concello de Rianxo pertence a través do GDR DELOA, organiza os días 7, 8 e 9 de novembro o congreso que leva por título " Desenvolvemento Rural e Leader. Horizonte 2014-2020. Descarga do dítico Formulario de inscrición      

A proposta do Concello de Rianxo dentro do programa "Goza do Ulla" é a andaina da "Mámoa dos Campiños", a que permitirá observar bens arqueolóxicos de grande importancia.

19 concellos bañados polo Ulla lanzan o programa "Goza do Ulla" de cara a promocionar e potenciar o seu patrimonio natural. A iniciativa turística pretende dar a coñecer o rico e valioso patrimonio natural dos territorios á beira do Ulla coa programación dun total de 19 roteiros de sendeirismo en cada un dos concellos dende agora e ata o mes de novembro.

O vindeiro venres 15 de xuño terá lugar o Congreso "Turismo pesqueiro: Retos e oportunidades" (xúntase programa). Enmárcase dentro dos proxectos da Asociación de desenvolvemento local DELOA, na que colabora de forma activa o concello de Rianxo, e máis concretamente dentro do proxecto ÁNCORA (ver máis) É preciso remitir a folla de participación a oscar.blanco@paideia.es antes do vindeiro...

A Fundación Paideia Galiza e o FNAC convocan a II Edición do Concurso de maquetas de Jazz Fussion Máis información en MANS-PAIDEIA

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 51 - 90 de 90 resultados.