Xuventude Xuventude

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688 / 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público

  • Luns: 08:00 a 15:00
  • Martes, mércores e xoves:
    • 11:30 a 14:30
    • 16:30 a 20:00
  • Vernes: 08:00 a 15:00

Ligazóns de interese Ligazóns de interese

xuventude.net
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude Xuventude

Atrás

Axudas para sacar o carné de conducir dirixidas á mocidade

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, e co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas e de fomentar unha conducción segura e responsable, pon ao teu alcance a obtención do carné de conducir. 

Os requisitos para poder obter está axuda son:

  • Ter entre 18 e 30 anos
  • Residir en Galicia
  • Ser titular do carné xove
  • A unidade familiar non ten ingresos superiores aos sinalado na orde (entre 2,5 e 3 veces o IPREM, dependendo da composición da unidade familiar)
  • Estar matriculado nunha autoescola (no caso de que o teñas, que estea expedido con posterioridade ao 1 de xaneiro deste ano)

A cuantía da axuda será de 250 euros, e deberás obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e antes do 15 de novembro de 2013 e, ademais, asistir a un curso gratuíto de educación viaria organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

O prazo de solicitude estará aberto dende o 14 de maio ao 1 de outubro de 2013, salvo que antes se esgote o crédito dispoñible.

Convocatoria DOG 13/05/2013