Xuventude Xuventude

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688 / 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público

  • Luns: 08:00 a 15:00
  • Martes, mércores e xoves:
    • 11:30 a 14:30
    • 16:30 a 20:00
  • Vernes: 08:00 a 15:00

Ligazóns de interese Ligazóns de interese

xuventude.net
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude Xuventude

Atrás

Formación para a mocidade 2012

O Servizo de Información e Animación Xuvenil oferta tres cursos de formación destinados a mozos e mozas rianxeiros de entre 18 e 30 anos. Os cursos son:

  • ¡PRAZO REMATADO! Curso de inglés medio: do 12 ao 29 de novembro, de 10:30 a 13:30 no Auditorio de Rianxo.Terá unha duración de 42 horas, durante as cales se utilizara unha metodoloxía práctica, basada nos diálogos, pronunciación/fonética, videos, exercicios, explicacións gramaticais, conxugación, léxico, fichas culturais, etc, para mellorar no coñecemento do idioma e a súa práctica lingüística. Prazo de inscrición aberto dende o 2 ao 9 de novembro, as 13:00 h.
  • Curso de deseño gráfico: do 3 ao 21 de decembro, de 10:30 a 13:30, na Aula de Informática do Auditorio de Rianxo. Nas 42 horas que dura o curso ensinarase a utilización do programa Gimp (edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits), o Scribus (programa de maquetación) e o Inkscape (editor de gráficos en formato vectorial), tres ferramentas que permitiran preparar carteis, folletos, publicacións, presentacións, etc. Prazo de inscrición aberto dende o 2 ao 30 de novembro, ás 13:00 horas.
  • Obradoiro de procura de emprego e emprendemento: 28 e 29 de novembro, de 16:00 a 20:00 horas, no Auditorio de Rianxo. Neste obradoiro traballarase sobre ferramentas e recursos que facilitarán a búsqueda de emprego, facendo especial fincapé no emprendemento a través do cooperativismo. Este obradoiro realizase en colaboración coa oficina de Fomento do Cooperativismo de Arousa Norte. Prazo de inscrición aberto dende o 2 ao 27 de novembro.

Os cursos están dirixidos a mozos de 18 a 30 anos, residentes no Concello de Rianxo e cos estudos obrigatorios rematados.

O número de prazas por curso é de 15. No caso de superarse o número de inscricións, realizaríase un sorteo entre os inscritos que cumpran os requisitos.

Podes inscribirte na Oficina de Información Xuvenil, no teléfono 981 100 688, no correo electrónico xuventude@concelloderianxo.es ou en liña:

inscrición en liña

Folleto informativo.