O Instituto Andalusí convoca cursos de lingua árabe con inmersión cultural e actividades en Tetuán (Marrocos). Os cursos serian de dous niveis: "inicial", para alumnos sen coñecemento ningún da lingua árabe; e "medio", para alumnos con nivel de 1º ou 2º de Filoloxía Árabe, 1º ou 2º de Escola Oficial de Idiomas ou similares, curso práctico especialmente dirixido á conversación en árabe culto moderno. O número máximo de alumnos por curso será de 15. As solicitudes deben dirixirse a: institutoandalusi@gmail.com e o prazo de solicitude será ata 15 días antes do inicio do curso ou ata completar as prazas. As quendas de agosto poden pedirse a partir do 3 de xuño.
As quendas son do 11 ao 17 de agosto e do 18 ao 24 de agosto
+ Infor: Instituto Andalusí.