Emprego

Os concellos de Rianxo, Boiro e A Pobra reciben unha subvención para levar a cabo unha nova edición do Programa Integrado de Emprego. - Programa Integrado de Emprego 2025-2026 - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Programa Integrado de Emprego 2025-2026

Os concellos de Rianxo, Boiro e A Pobra reciben unha subvención para levar a cabo unha nova edición do Programa Integrado de Emprego.

Os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra reciben unha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración unha subvención por importe de 220.000,00 euros para executar unha nova edición do Programa Integrado de Emprego para o curso 2025-2026.

Trátase dun programa que os tres concellos levan a cabo de forma conxunta co obxectivo de lograr unha maior empregabilidade na comarca. Baséase nunha metodoloxía innovadora onde as persoas usuarias son protagonistas da súa propia transición profesional con formación novidosa, emprego de tecnoloxías e plataformas dixitais, colaboración directa con empresas e adaptación do programa a necesidades locais e sectores da comarca.

O enfoque para o novo curso é dunha renovación case total das actividades formativas co obxectivo de adaptarse ás novas necesidades e demandas das empresas da zona. Deste xeito plantéxanse formacións como acompañamento en transporte escolar, organización de almacén, operacións básicas de caixa, técnicas e procedementos de limpeza en aloxamentos, xestión de recepción, cociña, pastelería, peixaría, charcutaría…

Ademais contará con formación adaptada ao manexo de novas tecnoloxías como office, iniciación á creación de páxinas web, firma dixital, chatGPT e intelixencia artificial…

O programa terá unha duración de 12 meses e poderán participar 100 mulleres e homes desempregados e inscritos como demandantes de emprego.

Como noutras edicións poñeranse a disposición das persoas usuarias servizos de conciliación, adaptación de horarios e tamén formación online para aumentar as posibilidades de interacción e participación.

Máis información para participar no programa no enderezo electrónico emprego@boiro.gal ou os números de teléfono 659 247 963 e 650 042 409.