Medio Ambiente

- Curso de Técnicas de aproveitamento resineiro - Concello de Rianxo

Medio Ambiente

Curso de Técnicas de aproveitamento resineiro

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza un programa de formacións teórico-prácticas co Concello de Rianxo dirixido a persoas interesadas no emprendemento, a agricultura e a gandería.

Contidos:
• Lexislación específica. Condicionantes da explotación resineira.
• Métodos de obtención da resina (pica ascendente, entalladura circular superficial)
• Boas prácticas: seguridade e saúde
• A resina: transformación e venda. Viabilidade económica

Do 19 novembro ao 19 de decembro de 2025
Horario de martes a venres de 9.30 – 13.30 h (do 5 ao 15 de
decembro non hai clase)
Lugar de impartición: Local da Comunidade de Montes de Baroña

MÁIS INFO E INSCRICIÓNS
medioambiente@concelloderianxo.gal
981 86 08 08 – En horario de mañá