Inscrición - Concello de Rianxo
Procedemento de inscrición
- Cubre o formulario e dálle a enviar. A inscrición implica a aceptación do regulamento de inscrición, así como a publicación do nome da/o nena/o nas listaxes de admisión e grupos.
- Aparecerá unha mensaxe de confirmación.
- Recibirás un correo electrónico de confirmación cunha referencia (non se envía de xeito inmediato). Se non tes correo-e, deberás poñerte en contacto connosco.
- Se non o recibes nun prazo de 24 h (agás fins de semana) ponte en contacto connosco, xa que isto significa que houbo algunha incidencia coa inscrición. Comproba a carpeta de spam (correo lixo) no teu correo electrónico.
- Cando se publique a listaxe de solicitantes, comproba que o teu nome está incluído. En caso contrario, tes dous días para presentar unha reclamación, segundo o explicitado no regulamento.
- Tras o sorteo, se fose necesario, publicarase a listaxe de admitidos/as e de reservas, e faráseche chegar o recibo para o pagamento do prezo público do campamento.
- O pagamento do recibo actuará como a sinatura da solicitude e das autorizacións indicadas neste formulario de inscrición.