Emprego

Medidas relacionadas co emprego rural - Consellería do Medio Rural: Medidas de carácter obrigatorio en relación co Covid-19 - concelloderianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Consellería do Medio Rural: Medidas de carácter obrigatorio en relación co Covid-19

Medidas relacionadas co emprego rural

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha orde da Consellería do Medio Rural pola que adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co Covid-19 (ver esta ligazón)

- Prohibe a venda directa de produtos en mercados, ata o 31 de marzo como mínimo.

- En troques, fomentarase a venda de produtos agrícolas e gandeiros por medios alternativos que non impliquen presenza física, como por vía telefónica, con realización de pedidos a través da rede on line (correo electrónico) ou similares, servidos polo produtor no domicilio do consumidor, e que eviten o desprazamento de persoas pola vía pública.

- Sobre a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais, os establecementos que vendan os referidos produtos non se atoparían afectados pola suspensión de apertura decretada, de acordo coa normativa. Ademais, sen prexuízo da venda en establecemento, esta poderá realizarse tamén de xeito ambulante.

- Desprazamentos

As persoas agricultoras e viticultoras profesionais e os seus traballadores poderán efectuar os desprazamentos para a realización dos traballos necesarios de atención e mantemento dos cultivos e dos viñedos. Para os efectos desta disposición, terá a consideración de agricultor/a profesional, ben sexa a tempo completo ou parcial, quen estea de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

No que atinxe ás persoas que teñan cultivos ou viñedos considerados de autoconsumo, é dicir, con fins non comerciais, e polo tanto non desenvolvan unha actividade profesional agraria, poderán realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención dos ditos cultivos e viñas, sen que o desprazamento poida supoñer unha distancia superior a 500 metros da súa vivenda habitual. Ademais, en ningún caso poderá haber máis de dúas persoas na parcela.