Emprego

Formación e asesoramento individualizado - Emprego no Rural - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Emprego no Rural

Formación e asesoramento individualizado

O Centro de innovación social Dalle Que Dalle (Soc. Cooper. Galega) vai poñer en marcha en Rianxo o Programa "Emprego no Rural" coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo e que encaixa coas liñas de impulso ao emprego feminino, a dinamización económica local e a fixación de poboación no rural que o Concello de Rianxo está a desenvolver.

Este programa consta dunha formación de 30 horas acompañada de asesoramento individualizado durante 4 meses, dirixida a mulleres que:

  •     están emprendendo ou levan menos de dous anos como autónomas,
  •     están en situación de desemprego,
  •     desenvolven actividades informais que queren profesionalizar,
  •     ou están valorando modelos ligados á economía social.

As actividades formativas sobre a economía social e as ferramentas dixitais realizaranse entre os días 02 e 30 de novembro.

Cartel