Emprego

- Prestación da Seguridade Social por cese de actividade por COVID-19 - concelloderianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Prestación da Seguridade Social por cese de actividade por COVID-19

Con motivo do COVID-19 estableceuse unha prestación extraordinaria por cese de actividade para as persoas afectadas pola declaración do estado de alarma, dirixida a traballadores/as por conta propia ou autónomos/as:

- A duración da prestación será dun mes (a partir de 14 de marzo) ou ata o último día do mes en que finalice o estado de alarma, de prolongarse este durante máis dun mes.

- Dirixida a traballadores/as por conta propia ou autónomos/as, cuxas actividades queden suspendidas ou cando a súa facturación no mes anterior se vexa reducida polo menos nun 75%, con relación ao promedio de facturación do semestre anterior.

1.Requisitos:

a) Estar afiliados/as e en alta, o día da declaración do estado de alarma.

b) No suposto de que a actividade non se vexa directamente suspendida a causa do COVID-19, acreditar a redución da facturación nun 75% respecto á efectuada no semestre anterior.

c) Estar ao corrente de pagos das cotas da Seguridade Social.

2. A contía da prestación será do 70% da base reguladora de cada caso.

3. A prestación terá unha duración dun mes, a partir do 14 de marzo, ampliable en caso de continuar o estado de alarma.

4. A percepción é incompatible con calquera outra prestación da Seguridade Social.

5. As persoas socias traballadoras de cooperativas, que optaran polo encadramento no réxime de persoas traballadoras por conta propia, terán dereito á prestación.

Máis información premendo nesta ligazón.