Emprego

Medidas urxentes de Emprego Galicia para minimizar o impacto do COVID-19 - Servizo de Emprego de Galicia - concelloderianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Servizo de Emprego de Galicia

Medidas urxentes de Emprego Galicia para minimizar o impacto do COVID-19

Como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 as oficinas de emprego pecharon ao público, pero continúan traballando para ti, ofrecendo atención telefónica e telemática para os trámites máis urxentes.

Para iso, Emprego Galicia, en coordinación co Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), adoptou as seguintes medidas:

Non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.

Se estás afectado/a por un expediente temporal de suspensión de contratos ou redución de xornada (ERTE) non tes que facer ningún trámite para solicitar a túa prestación. Unha vez estea autorizado o dito ERTE, a empresa remitirá os datos necesarios para iniciar a tramitación de oficio.

Se o que necesitas é obter información ou solicitar unha prestación ou subsidio contacta antes coa Oficina de Prestacións dependente do SEPE, independentemente da situación da túa demanda de emprego. Para facelo, tes que empregar o sistema de cita previa virtual, ao que podes acceder no seguinte enlace. Fai un uso responsable deste sistema e, antes de solicitar a túa cita, consulta no portal do SEPE as medidas implementadas nesta situación extraordinaria:

https://sede.sepe.gob.es/contenidosSede/generico.do…

Se tes que realizar calquera outro trámite urxente na túa demanda de emprego ou solicitar un certificado ou un informe, poderás facelo:

- a través da Oficina virtual: reactivación da demanda despois dunha baixa por colocación non superior a 365 días.
- poñéndote en contacto coa túa oficina de emprego telefonicamente ou a través dun correo electrónico.

Non se dará de baixa ás persoas estranxeiras que teñan pendente a renovación dunha autorización administrativa ou estean pendentes de presentar algunha documentación xustificativa.

Non se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.

Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.

Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego.

Desde Emprego Galicia iremos actualizando toda esta información a medida que se desenvolva esta situación de emerxencia.

Máis información nesta ligazón.

Para consultas xerais, chama ao teléfono de información 012 ou á túa oficina de emprego.