Emprego

Medida adopatada no Real decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19. Ademais desta, adóptanse outras medidas sociais, coma axudas ao aluguer, se se cumpren os requisitos establecidos no Real decreto. - Subsidio para empregadas do fogar afectadas polo cese ou redución de actividade - concelloderianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Subsidio para empregadas do fogar afectadas polo cese ou redución de actividade

Medida adopatada no Real decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19. Ademais desta, adóptanse outras medidas sociais, coma axudas ao aluguer, se se cumpren os requisitos establecidos no Real decreto.

Subsidio para empregadas do fogar afectadas polo cese ou redución de actividade.

​​​​​​​Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19

As persoas que estean rexistradas como traballadoras do fogar antes da entrada en vigor do estado de alarma, que deixaron de prestar servizos nun ou varios domicilios, total ou parcialmente, terán dereito a esta nova prestación, para reducir o risco de transmisión debido á crise sanitaria Covid-19. Tamén as persoas traballadoras do fogar que foron sometidas a despedimento ou finalización de contrato durante a crise sanitaria.

Para solicitar o subsídio será necesario acreditar a perda total ou parcial da actividade cunha declaración responsable asinada pola persoa empregadora, a carta de despedimento, a comunicación de despedimento ou a retirada do Sistema especial de empregados domésticos do Réxime Xeral de Seguridade Social.

As empregadas do fogar terán dereito a un subsidio equivalente ao 70% da súa base reguladora no caso de que a perda de actividade sexa total. Se a empregada reduce a súa xornada laboral, percibirá a parte proporcional correspondente a esa redución de xornada. O novo subsídio é compatible con outros ingresos por conta propia ou por conta allea, sempre que non superen, en xeral, o SMI.

Non obstante, será incompatible co subsídio por incapacidade temporal ou co cobro do Permiso Retribuído Recuperable.

Este subsídio extraordinario por falta de actividade percibirase por períodos mensuais desde a data do nacemento do dereito.

A disposición transitoria terceira establece que o Servizo Público de Emprego do Estado establecerá no prazo dun mes, a partir da entrada en vigor deste Real decreto lei, o procedemento para a tramitación das solicitudes, que determinará as formas e o sistema de tramitación (presencial ou telemática) e os prazos de presentación.