Normalización Lingüística

O  Concello de Rianxo quere, deste xeito, lembrar a figura da escritora galega, ante a imposibilidade de realizar homenaxes públicas. - Día Rosalía de Castro 2021: os seus poemas musicados recollidos nunha lista de reprodución do YouTube - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Auditorio de Rianxo
Rúa dos Autores da Rianxeira, s/n
15920 Rianxo

Directo: 881 988 798 / Auditorio: 981 100 688 / Concello: 981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

Atención presencial: luns, mércores e venres: de 09.00 a 14.00 h. (recoméndase solicitar cita previa)

Atención telefónica: de luns a venres, de 8.00 a 14.00 h.

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

Día Rosalía de Castro 2021: os seus poemas musicados recollidos nunha lista de reprodución do YouTube

O  Concello de Rianxo quere, deste xeito, lembrar a figura da escritora galega, ante a imposibilidade de realizar homenaxes públicas.

O vindeiro 24 de febreiro conmemórase o día da nosa gran poeta nacional, Rosalía de Castro. Todos os anos, o Concello de Rianxo adoita realizarlle unha homenaxe pública nas rúas e prazas da vila, mais este ano a emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19 impídenos celebrar actos nos que participe xente.

Así, nesta ocasión, recomendamos que o vindeiro día 24, escollades a seguinte lista de reprodución de vídeos do YouTube onde diferentes artistas interpretan os poemas de Rosalía de Castro: máis de 40 artistas, máis de tres horas de música onde están presentes practicamente todos os estilos musicais posibles: rock, rap, trap, jazz, heavy, cantautor@s... desde Amancio Prada ata Joan Baez, pasando por Aid, Abe Rábade, Uxía, Guadi Galego, Son Trío, Astarot, Luz Casal e incluso algunhas rianxeiras: Aida Saco, Carapaus...

Ademais desta homenaxe que podemos renderlle a Rosalía sen saír da casa, o Concello de Rianxo colaborará co Equipo de Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel coa edición dun caderno onde se recompilan diferentes textos da escritora padronesa e que o alumnado e profesorado do centro empregará para facer unha lectura confinada o propio día 24. Ademais, dentro do ciclo Camiñando entre mulleres, programa de dinamización lingüística organizado conxuntamente entre o instituto rianxeiro e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello que pretende visibilizar o traballo de mulleres destacadas que empregan de forma habitual a nosa lingua, o alumnado poderá escoitar vía teleconferencia á profesora da Universidade de Barcelona, María Xesús Lama, premio nacional de ensaio grazas ao seu estudo Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), editado por Galaxia en 2017​​​​​​​.

Outras homenaxes: ao redor de todo o país distintas entidades, asociacións, centros de ensino etc., celebrarán a figura de Rosalía, mais entre todas elas debemos destacar a organizada pola Fundación Casa Rosalía de Castro, que nos anima a cociñar o Caldo de Gloria na casa e unirse á Alborada á Rosalía: