Normalización Lingüística

- "EN RIANXO, AO NOSO XEITO", campaña de dinamización do comercio e da hostalaría rianxeira - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Auditorio de Rianxo
Rúa dos Autores da Rianxeira, s/n
15920 Rianxo

Directo: 881 988 798 / Auditorio: 981 100 688 / Concello: 981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

Atención presencial: luns, mércores e venres: de 09.00 a 14.00 h. (recoméndase solicitar cita previa)

Atención telefónica: de luns a venres, de 8.00 a 14.00 h.

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

"EN RIANXO, AO NOSO XEITO", campaña de dinamización do comercio e da hostalaría rianxeira

O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Concellaría de Promoción Económica do Concello de Rianxo botan a andar a campaña de dinamización e galeguización do comercio e da hostalaría rianxeira: “EN RIANXO, AO NOSO XEITO”.

 

 

Para acadar ese obxectivo e facilitar o seu traballo ás persoas que xestionan e atenden estes establecementos, o Servizo de Normalización Lingüística asesorará directamente aos establecementos que se adhiran, coa finalidade de mellorar a atención ao público, contribuír á promoción do comercio e da hostalaría rianxeiras, e estender o uso do galego na atención ao público, nos soportes comerciais, na información que se facilita nos establecementos (oral e escrita) e nos menús e cartas dos bares e restaurantes.

Esta campaña conta coa colaboración da ARE, Asociación Rianxeira de Empresarios, que contribuirá á difusión entre os seus asociados e afondará tamén na súa propia galeguización como asociación. Ademais poderán participar nesta campaña todos os establecementos comerciais e hostaleiros de Rianxo que así o comuniquen por escrito ao Servizo de Normalización Lingüística.

Os establecementos que se adhiran a esta campaña comprométense a utilizar con preferencia a lingua galega nas súas relacións coa clientela, e a etiquetar, sinalizar, redactar os menús e cartas, e facer a súa publicidade en galego. Para iso contarán co asesoramento e os recursos que lles facilitará o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, que será o interlocutor necesario en todo o proceso.

A presentación da campaña celebrarase o vindeiro xoves 21 de setembro, ás 20.30 h, no antigo Liceo marítimo de Rianxo, e contará cunha charla de Roberto Rivas, un dos socios da cooperativa Adega Moraima e da súa presidenta Salomé Cancela. Esta adega é un exemplo de galeguización total do traballo comercial e da etiquetaxe, que distribúe dentro e fóra de Galicia os seus viños da denominación de orixe Rías Baixas. Ao remate da charla haberá unha degustación de viños.

Agradécese a confirmación da asistencia ao acto a través do teléfono 981866312 da Asociación Rianxeira de Empresarios, ou do teléfono 981860075 ou correo electrónico normalizacion@concelloderianxo.gal, do Servizo de Normalización Lingüística.