Normalización Lingüística

Un equipo do IES Félix Muriel medirase este venres en Pontevedra a equipos de Redondela e Pontevedra na fase previa do certame.  - Fase de zona Club de debate 2020 - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 14.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

Fase de zona Club de debate 2020

Un equipo do IES Félix Muriel medirase este venres en Pontevedra a equipos de Redondela e Pontevedra na fase previa do certame. 

Este venres, 28 de febreiro, desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra a fase de zona do Club de Debate organizada polos concellos de Rianxo, Redondela e Pontevedra.

O Club de Debate é unha actividade das concellarías de Normalización Lingüística para desenvolver as destrezas orais da lingua galega en distintos contextos, fomentar o debate e consolidar foros de discusión sobre temas de actualidade e de interese social.

• Obxectivos:

- Favorecer o uso da lingua galega na mocidade, en contextos formais e informais.

- Traballar a oratoria e a fluidez comunicativa como habilidade social.

- Crear novos espazos de socialización en galego a través do traballo en equipo.

- Coñecer a opinión da mocidade en temas de actualidade, afastando os estereotipos en canto intereses e preferencias da xente nova.

- Fomentar a diversidade de opinións e a tolerancia fronte a diferentes cuestións.

• Desenvolvemento:

Os equipos están formados polo alumnado que participe no traballo de preparación dos debates, cun mínimo de catro persoas e un máximo de dez. Cada equipo conta cun/cunha profesor/a representante e encargado/a da preparación do grupo. Os equipos levan varios meses a preparar os argumentos cos que defenderán a postura a favor e en contra, en cadanseu debate, enfrontándose a outro dos equipos participantes. A asistencia aos debates é aberta ao público. Con anterioridade á xornada de debates, os equipos participaron nunha xornada de formación en habilidades comunicativas. Os dous equipos que obteñan mellor puntuación este venres en Pontevedra obterán cadanseu premio por valor de 500 e 300 euros; ademais pasarán á fase final, canda os equipos das outras dúas fases de zona.

Equipos participantes na fase de zona en Pontevedra o venres 28 de febreiro

Na fase de zona deste venres en Pontevedra participarán sete equipos dos concellos de Pontevedra, Redondela e Rianxo, formados por estudantes de 3º, 4º de ESO e 1º de bacharelato:

- Catro equipos de Pontevedra: IES Luís Seoane, IES Valle Inclán e dous equipos do IES Sánchez Cantón: Escintileo do Cantón e Estoxo Azul do Lérez

- Dous equipos de Redondela: IES Mendiño e IES Illa de San Simón

- Un equipo de Rianxo: IES Félix Muriel

Os horarios e os emparellamentos van no arquivo adxunto.

Tema:

- O tema arredor do que debaterán nesta fase clasificatoria é: "Podemos salvar o planeta".


Xurado

O xurado que valorará as intervencións dos sete equipos este venres está formado por cinco profesionais da lingua e da comunicación:

Anxos Sobriño (exercerá de presidenta do xurado); lingüista; presidenta da Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización da Lingua

Ana Cabaleiro; xornalista e escritora

Tamara Andrés; escritora, actriz e tradutora

Xacobe Rodríguez; mestre e contador de historias, membro de Pavís Pavós

Román Castaño; creador de contidos audiovisuais, é un dos responsables da serie en YouTube As cousas do Choio, gañadora hai dous anos en Youtubeir@s


 

Concellos organizadores e zonas das fases clasificatorias para a final:

Organizan o Club de Debate dez concellos: Pontevedra, Redondela, Rianxo, Santiago de Compostela, Teo, Ames, Ferrol, Narón, Negreira e Outes. En total participan no Club de Debate arredor de douscentos trinta mozos e mozas, repartidos en vinte e tres equipos de centros de ensino secundario e bacharelato.

Os equipos inscritos nestes concellos participarán nunha das tres zonas en que se reparten as fases clasificatorias.

    1. Pontevedra, Redondela e Rianxo: 7 equipos

    2. Ferrol, Narón, Negreira e Outes: 7 equipos

    3. Santiago de Compostela, Teo e Ames: 9 equipos

Os dous equipos máis puntuados en cada unha destas fases participarán na final que se celebrará en Santiago de Compostela o sábado 16 de maio, onde debaterán a favor e en contra do tema "O futuro do galego está en nós". O equipo con máis puntuación terá como premio unha viaxe multiaventura de fin de semana.