Normalización Lingüística

Os XI Premio Rosalía de Castro de lingua da Deputación da Coruña xa ten gañadores nas súas dúas categorías. Nós Televisión e o Club de Debate, representado pola Asociación e Entidades Locais pola Lingua Galega, son as dúas iniciativas recoñecidas na convocatoria que destaca o traballo de promoción da nosa lingua. - O Club de debate gaña o XI Premio Rosalía de Castro de normalización lingüística da Deputación da Coruña - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 14.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

O Club de debate gaña o XI Premio Rosalía de Castro de normalización lingüística da Deputación da Coruña

Os XI Premio Rosalía de Castro de lingua da Deputación da Coruña xa ten gañadores nas súas dúas categorías. Nós Televisión e o Club de Debate, representado pola Asociación e Entidades Locais pola Lingua Galega, son as dúas iniciativas recoñecidas na convocatoria que destaca o traballo de promoción da nosa lingua.

Un xurado composto polo técnico de normalización da Universidade da Coruña, Xesús Manquel Mosquera Carregal, a técnica do Concello da Coruña, Julia Rigueiro, a profesora e gañadora da edición pasada por 21 Días co Galego Pilar Ponte e o xornalista Eduardo Rolland, representante do xornal Gciencia tamén gañador o ano anterior e presidido pola deputada de Normalización Lingüística, María Muíño Filgueira e coa técnica da Deputación, Dores Sánchez Alegre como secretaria, valoraron o traballo desenvolvido por Nós TV e o Club de Debate para a promoción da normalización lingüística da nosa lingua.

Desta maneira, Nós Televisión SL é a gañadora na categoría de colectivo, entidade ou asociación que destaca no seu labor de normalización lingüística. O xurado valora, nun momento de especial relevancia do audiovisual, que Nós TV se sitúa "como a única canle en lingua galega xurdida da iniciativa privada, e que hoxe xa chega un número importante de fogares". Destaca, tamén, "as súas posibilidades de continuar medrando e consolidándose, así como o feito de permanecer atenta e aberta para lles dar voz e espazo a multitude de colectivos, plataformas e movementos que a través da súa grella poden chegar a outros públicos e ver así aumentada a súa difusión".

Na categoría de colectivo, entidade ou asociación que realiza un traballo específico cos tramos da poboación de menor idade, infancia e mocidade o premio recaeu no Club de Debate, representado polo Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, por "levar favorecendo durante unha década o emprego da lingua galega entre a mocidade, especialmente os usos orais en contextos formais e informais, por potenciar a lucidez comunicativa ligada á oratoria, por promover o pensamento crítico e analítico, á vez que o traballo en equipo, por fomentar a diversidade de opinións e a tolerancia fronte a diferentes cuestións e crear espazos e contextos para a socialización en galego, entre outras, e tamén por ser o resultado dun traballo conxunto entre profesionais de distintos ámbitos (administración local, técnic@s de normalización lingüística e profesorado dos centros de ensino)".

O Premio Rosalía de Castro recoñece iniciativas, traballos ou entidades comprometidas coa promoción e uso do galego en dúas categorías, unha para persoas e colectivos e outra específica para quen traballa coa dinamización da poboación de menor idade, infancia e mocidade.