Novas

- Festas de Santo Antón do Pazo - Concello de Rianxo

Novas

Festas de Santo Antón do Pazo

Do 1 ao 3 de xuño celébranse no lugar do Pazo as festas na honra a Santo Antón. Os tres días de festa estarán repletos de actividades para todas as idades e música popular. A misa de campaña dedicada ao santo terá lugar o domingo 3 á unha do mediodía, xornada tamén dedicada aos xogos inchables para nenos.

As orquestras que amenizarán as verbenas serán:

  • Cinema e Salsa Rosa
  • Fania Blanco Show e Océano
  • Palladium