Novas

- III Seminario sobre a Memoria: A guerrilla e os campos de concentración - Concello de Rianxo

Novas

III Seminario sobre a Memoria: A guerrilla e os campos de concentración

Os días 1, 2 e 3 de xuño, celébrase o III Seminario sobre a Memoria nun itinerario entre Melide e Rianxo, coa participación de Barbantia, Nova Escola Galega e os Institutos de Educación Secundaria de Melide e Rianxo.

A convocatoria do Seminario pretende suxerirlles aos asistentes una reflexión sobre o fenómeno da guerrilla que posibilite un mellor coñecemento do noso pasado máis recente. Tal pretensión arela provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os guerrilleiros contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, sen perder nunca a consciencia de cales son os dereitos e as obrigacións de cadaquén.

As actividades en Rianxo terán lugar o domingo día 3 de xuño entre as 9 da mañá e o acto de clausura do seminario ás 6 da tarde, incluíndo un acto de recepción ás 11.30.

Descarga do programa do seminario