Procesos Selectivos

Pavimentos e albanelería de urbanización (EOCB0211) - Obradoiro dual de emprego "PAIO GÓMEZ CHARIÑO" - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Procesos Selectivos de Persoal Laboral

Obradoiro dual de emprego "PAIO GÓMEZ CHARIÑO"

Pavimentos e albanelería de urbanización (EOCB0211)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia concedeu unha subvención ao Concello de Rianxo para o desenvolvemento do OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO ”PAIO GÓMEZ CHARIÑO”.

O obradoiro irá destinado a 20 alumnos/as-traballadores/as, con contratos de formación dunha duración de 9 meses e ao seu correspondente profesorado.

En vindeiras datas aprobaranse as bases de selección e publicaranse as diferentes convocatorias de selección do persoal de formación e de solicitudes do alumnado, onde se establecerán os prazos e requisitos.

O proceso de selección farase a través da oficina de emprego de Boiro, co cal é necesario:
• Estar desempregado/a
• Inscrito/a como demandante de emprego na oficina de emprego de Boiro
• Comunicar na Oficina de Emprego de Boiro o interese na participación en obradoiros de emprego, ou ben solicitar a especialidade EOCB0211: Pavimentos e albanelería de urbanización a través da oficina virtual do servizo de emprego: https://emprego.xunta.es/openampro/UI/Login?goto=https://emprego.xunta.es/ofivir/group/
speg_inicio/home
• En caso de ter un IPI (Itinerario personalizado de inserción) aberto, contactar co orientador laboral de  referencia para solicitar a alta no obradoiro
• Poder realizar un contrato de formación en alternancia, co obxecto de estar vinculado ao obradoiro mediante un contrato de tales características
• Ao tratarse dun certificado profesional de nivel 2, é necesario ter a titulación mínima da ESO, ciclo básico de FP, competencias clave de nivel 2 ou outros equivalentes (non vale só coa EXB ou graduado escolar)

O alumnado recibirá formación no ámbito dos PAVIMENTOS E ALBANELERÍA DE URBANIZACIÓN.