Procesos Selectivos

- Proceso selectivo: Alumnado do progama de emprego 'Xuventude II' - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Procesos Selectivos de Persoal Laboral

Proceso selectivo: Alumnado do progama de emprego 'Xuventude II'

O Concello de Boiro, en colaboración cos concellos de Rianxo e A Pobra do Caramiñal, vén de recibir a notificación da concesión dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a posta en marcha dun novo programa de formación e emprego Talento Mozo "XUVENTUDE II".

Este proxecto permitirá formar e contratar a 16 alumnos/as-traballadores/as durante un período de 12 meses, combinando formación teórico-práctica con experiencia laboral remunerada.

A acción formativa desenvolverase na especialidade AGAO0208 – Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, unha cualificación profesional orientada á adquisición de competencias para a instalación, conservación e mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, favorecendo así a inserción laboral das persoas participantes.

As persoas interesadas en participar deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Estar en posesión, como mínimo, do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente.

Nos vindeiros días daranse a coñecer, a través das canles oficiais dos concellos participantes, as bases da convocatoria, os requisitos completos, o procedemento de selección e os prazos de presentación de solicitudes.

Importante: As persoas interesadas en participar no programa deberán comprobar que teñen actualizados os seus datos na Oficina de Emprego. No caso de que sexa necesario realizar algunha modificación na súa situación, titulación, datos de contacto ou calquera outra información relevante para a súa demanda de emprego, deberán acudir á súa Oficina de Emprego antes do inicio do proceso de selección, co fin de garantir que cumpren os requisitos e poden ser incluídas na preselección de candidaturas.