Servizos Sociais

- Rianxo termal - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Rianxo termal

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza o programa RIANXO TERMAL, consistente nunha xeira de saídas ás Termas de Cuntis nos meses de marzo, abril, maio e xuño.

Persoas beneficiarias:

  • O programa está destinado a persoas maiores de 50 anos empadroadas no Concello de Rianxo.

Datas:

As saídas, que se efectuarán en horario de tarde, serán nas seguintes datas:

  • OPCIÓN 1:  13 de marzo, 10 de abril, 8 de maio e 12 de xuño

  • OPCIÓN 2:  13 de marzo e 8 de maio

  • OPCIÓN 3:  10 de abril e 12 de xuño

Condicións:

  • O custo do programa, que inclúe a entrada ás termas e o desprazamento en autobús dende Rianxo, ten un custo:
    • OPCIÓN 1 : 80€ /persoa
    • OPCIÓN 2 e OPCIÓN 3:  40€/ persoa

Prazas:

O programa conta cun máximo de 55 prazas.

Prazo:

A​​​​​​​ partir do día 21 de febreiro

Inscricións:

  • Liceo Marítimo de Rianxo, de luns a venres (de 10:00 a 13:00 horas)
  • A través dos seguintes teléfonos 881.862.225 / 881.987.471
  • Mediante WhatsApp ao 664.185.489