Servizos Sociais

Dentro do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 "O FSE inviste no teu futuro", o Concello de Rianxo foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestacións do servizo no marco da Rede Galega de Atención Temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea.  - Servizo de Atención Temperá - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Servizo de Atención Temperá

Dentro do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 "O FSE inviste no teu futuro", o Concello de Rianxo foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestacións do servizo no marco da Rede Galega de Atención Temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea. 

Este servizo ten como obxectivo promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorna, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.

Os motivos de demanda que atendemos na actualidade responden a seis bloques:

- Linguaxe: dificultades vinculadas a trastornos fonolóxicos, trastornos da comunicación social, trastorno expresivo da linguaxe e dislalias.

- Cognitiva: nesta área, enmárcanse as necesidades vinculadas a unha baixa capacitación intelectual, dificultades na coherencia central, inflexibilidade cognitiva e planificación.

- Funcións executivas: céntranse na atención e memoria.

- Psicolóxico: trabállanse as dificultades para asumir roles de autoridade, o baixo autoconcepto, autoestima e a tolerancia á frustración.

- Psicomotricidade: abórdanse problemas vinculados ao desenvolvemento motor, a adquisición de pinza dixital e a psicomotricidade grosa.

- Adaptativo: necesidades relacionadas co traballo autónomo, a adquisición de actitudes proactivas cara á vida ou a comprensión de riscos vitais.

Este servizo está situado no Pazo de Rianxiño no seguinte horario:

Horario: 

Luns 7:00 - 15:00 

Martes 8:00 - 14:00 / 16:00 - 18:00

Mércores 7:00 - 15:00 

Xoves 7:00 - 14:00 

Venres 8:00 - 13:00 / 16:00 - 18:00

Contacto: 

- Atención telefónica: 695449512 

- Correo electrónico: atenciontempera@concelloderianxo.gal

 

 

​​​​​​​