Turismo

- Programa Goza do Ulla 2017. Polos Camiños do Ulla - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Programa Goza do Ulla 2017. Polos Camiños do Ulla

Un ano mais, o Concello de Rianxo xunto con outros 18, formará parte do programa de sendeiros "Goza do Ulla". Como xa coñecedes, cada un dos concellos bañados polo río Ulla, propón un sendeiro que percorra o río.

Este ano ten varias novidades, entre outras, procurouse darlle visión de "camiño", polo que as datas serán por ode cronolóxica,  empezando o primeiro roteiro  o 21 de maio en Monterroso e rematando o 22 de outubro na desembocadura do río, co roteiro de Vilagarcía.

No que respecta a Rianxo, terá lugar o 14 de outubro e este ano proponse un roteiro circular de aproximadamente 14 km, pola beira do Ulla, dende as escolas de Quintáns até as Tres Cruces ou "punta das Trececruces" como é coñecida popularmente.