Turismo - Concello de Rianxo
Puntos de Información Turística
Oficina técnica de Turismo
INFORMACIÓN TURÍSTICA
Turismo
A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte vai seleccionar a 4 persoas en total (1 por concello) para as oficinas de turismo dos concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo polo período de 3 meses. O prazo para presentar as solicitudes é do 17 ao 21 de xuño de 2013 no rexistro da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, en horario de 9.00 a 13.30 h. Bases e...
A Asociación de Desarrollo Local DELOA, convoca o “Certame Interritmos”, destinado a músicos e/ou grupos noveles, sen obra comercial editada, que interpreten obras musicais tradicionais, Este certame enmárcase dentro do Proxecto “Interritmos: Ritmos y Pueblos”,, que está dirixido á recuperación do patrimonio cultural das Comunidades...
A Axencia de Turismo de Galicia convocou unha serie de axudas: Establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE ao obxecto...
Os Grupos de Acción Costeira de Galica, e neste caso O GAC5 (Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa www.accioncosteira.es) , en colaboración coa Xunta de Galicia, está a fomentar o uso e consumo de produtos vinculados o mar, agrupados baixo a marca MAR GALAICA. Organizaranse unhas xornadas promovidas por toda Galicia ata finais do mes de xuño, baixo a denominaciónde "CÓMETE O MAR". ...
A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte está a organizar xunto coa empresa Identia un taller de márketing vivo para empresas turísticas. Remito información sobre o obradoiro “taller de márketing vivo para empresas turísticas” por si fora do voso interese. Data de realización: 07/02/2013 Horario: de 17.30 a 19.00 h Lugar: centro social do Concello de Boiro ...
A Asociación de grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, á que o Concello de Rianxo pertence a través do GDR DELOA, organiza os días 7, 8 e 9 de novembro o congreso que leva por título " Desenvolvemento Rural e Leader. Horizonte 2014-2020. Descarga do dítico Formulario de inscrición
19 concellos bañados polo Ulla lanzan o programa "Goza do Ulla" de cara a promocionar e potenciar o seu patrimonio natural. A iniciativa turística pretende dar a coñecer o rico e valioso patrimonio natural dos territorios á beira do Ulla coa programación dun total de 19 roteiros de sendeirismo en cada un dos concellos dende agora e ata o mes de novembro.
O vindeiro venres 15 de xuño terá lugar o Congreso "Turismo pesqueiro: Retos e oportunidades" (xúntase programa). Enmárcase dentro dos proxectos da Asociación de desenvolvemento local DELOA, na que colabora de forma activa o concello de Rianxo, e máis concretamente dentro do proxecto ÁNCORA (ver máis) É preciso remitir a folla de participación a oscar.blanco@paideia.es antes do vindeiro...