O filósofo madrileño, Ismael Crespo Amine, achégase a Rianxo para formar parte do programa de Residencia de pensadores/as que o Concello de Rianxo e Axóuxere Editora están desenvolvendo no verán.
Do venres 18 ao domingo 20 de agosto, Ismael Crespo desenvolverá o seminario "Xustiza e comedia" e impartirá unha conferencia co título: "A necesidade de escachar coa risa".
A inscrición é de balde, tanto para a conferencia coma para o seminario.
A conferencia é de acceso libre, e para o seminario hai que inscribirse previamente no enderezo electrónico info@axouxerestream.com ou chamar aos teléfonos 981 860 371 / 659 843 761 / 634 532 896.
Máis información no blog de Axóuxere Editora

