Verán Cultural 2017

TEATRO NA FEIRA DO LIBRO: O vendedor de fume por Teatro Gazafellos - Concello de Rianxo

Publicador de contidos

angle-left null TEATRO NA FEIRA DO LIBRO: O vendedor de fume por Teatro Gazafellos

O vindeiro venres 21 de xullo, dentro da programación da Feira do Libro, terá lugar a cargo de Teatro Gazafellos a proposta O vendedor de fume.

Un vendedor de remedios chega á vila. Co seu deslumbrante carromato cheo de frascos misteriosos convocará ao publico a través da maxia e a música. Ofertará remedios ás e ós presentes para mil e un males, e terá como reclamo a uns pícaros cómplices que se “camuflarán” entre o público.

Un espectáculo cheo de maxia, humor e música en directo onde a participación do público é indispensable!!

A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.