Xuventude

Servizo para as familias rianxeiras para favorecer a conciliación laboral no Entroido - Concilia Entroido 2026 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Concilia Entroido 2026

Servizo para as familias rianxeiras para favorecer a conciliación laboral no Entroido

Publicación da listaxe de solicitudes por instalación

Publícase a listaxe de solicitudes por instalación. Admitidas todas as solicitudes presentadas.

O servizo realizarase unicamente no CEIP Castelao, ao non terse rexistrado solicitudes suficientes nos demais centros educativos. Contactarase telefonicamente coas familias que solicitaron noutra instalación para ofrecerlles praza no CEIP Castelao.

Aínda quedan prazas dispoñibles, polo que o prazo de inscrición continuará aberto ata completar as prazas do CEIP Castelao.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Programa municipal de conciliación con actividades socioeducativas, deportivas e de tempo libre dirixido ás familias do Concello de Rianxo.

Datas de realización

  • 16, 17 e 18 febreiro

Horario

  • dende as 08.00 a a 14.00 h

Persoas destinatarias

  • ​​​​​​​nenos e nenas nados entre 2014 e 2022 (incluídos).

Localizacións e prazas:

  • CEP Brea Segade (Taragoña): 15 prazas
  • CEIP Ana Mª Diéguez (Asados): 15 prazas
  • CEIP Castelao (Rianxo): 30 prazas

Documentación necesaria

  • Solicitude de inscrición (Descarga do modelo).
  • Volante de empadroamento (ou autorización para a súa comprobación).
  • Xustificación da necesidade de conciliación.

Calendario de inscrición 

  • Presentación de solicitudes: do mércores 04 ao mércores 11 febreiro
  • Publicación listaxes provisionais e instalación solicitada: xoves 12 febreiro
  • Sorteo, de ser o caso: venres 13 de febreiro, ás 11.00 h
  • Listaxes definitivas: venres 13 de febreiro

Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello de Rianxo, preferentemente por vía telemática, empregando o modelo oficial.